Parlamento

A oposición critica a "parálise" do Executivo galego en funcións

A Cámara galega prepara o debate de investidura de Alfonso Rueda.
Reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega esta quinta feira. (Foto: Parlamento da Galiza)
photo_camera Reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega esta quinta feira. (Foto: Parlamento da Galiza)

A Xunta de Portavoces da Cámara galega avanzou esta quinta feira na preparación do debate de investidura, que comezará a vindeira terza feira, 9 de abril, con críticas do BNG e do PSdeG pola "parálise" na posta en marcha do novo Goberno.

O deputado do BNG, Luís Bará, trasladou a "preocupación" da formación nacionalista pola tardanza na creación do novo Goberno tras "dous meses" desde que decorreron as eleccións, cun executivo en funcións.

Para Bará, esta situación "non só ten que ver co vodevil da voda" do alcalde de Madrid –pola que Alfonso Rueda pospuxo a investidura–, senón que tamén se debe a que Rueda "estaba agardando a pedir permiso" á dirección do PP para "facer o novo Goberno" e "conectar o mando a distancia". 

Na mesma liña, a viceportavoz do grupo socialista, Elena Espinosa, cualificou de "broma de mal gusto" que tres millóns de galegas e galegos teñan que agardar "case dous meses" co Goberno en funcións pola "axenda social" do PP. 

Alberto Pazos, portavoz do PP no Parlamento, pola contra, afirmou que o proxecto de Rueda é o "único serio e solvente para a Galiza do futuro".

Comentarios