Parlamento

Rueda desvelará a estrutura do seu Goberno na sesión de investidura

Santalices reúnese co candidato na Cámara galega.
Miguel Santalices e Alfonso Rueda, esta cuarta feira, no Parlamento da Galiza. (Foto: Arxina)
photo_camera Miguel Santalices e Alfonso Rueda, esta cuarta feira, no Parlamento da Galiza. (Foto: Arxina)

O presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, comunicou onte formalmente a Alfonso Rueda a súa proposta parlamentaria como candidato a presidir a Xunta da Galiza, unha vez concluída a rolda de consultas coas forzas políticas con representación na Cámara.

Constatou Santalices que Rueda conta co apoio maioritario da Cámara, o das 40 deputadas e deputados do PP, mentres que BNG e PSdeG xa avanzaron o seu voto negativo. Democracia Ourensá non desvelou en público o sentido do seu voto. 

Tendo en conta a maioría de apoios a Rueda, o debate de investidura, previsto para os días 9 e 11 de abril, será convocado pola Mesa e Xunta de Portavoces prevista para esta quinta feira. 

Na rolda de prensa posterior á xuntanza entre Santalices e Rueda, o presidente galego en funcións recoñeceu "necesario" acometer cambios de estrutura no Executivo galego e ten o deseño do seu novo Goberno cada vez "máis perfilado", aínda que aínda non fechou nomes. Tanto é así que aproveitará o discurso do debate de investidura para adiantar "como" pretende articular a reforma

Comentarios