“Non lle temos medo á mafia do PP”

Unha concentración nas portas da Deputación de Pontevedra denunciou os ataques e ameazas sufridos polos deputados provinciais do BNG e reivindicou o traballo desenvolvido pola formación nacionalista no ente provincial.

pontevedra bng contra caciquismo pp

O BNG reivindicou esta terza feira, nunha concentración perante a Deputación de Pontevedra, o traballo dos deputados nacionalistas na entidade provincial, após a campaña de insultos e ameazas da que foron albo nos últimos días. Unha campaña que o Bloque atribúe ao seu compromiso por “erradicar o caciquismo” do PP das deputacións. Alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes da comarca asistiron á concentración, na que se reivindicou que “non lle temos medo á mafia do PP”, tal e como sinalaban os cartaces que levaban os participantes.

“Estamos aquí para mudar as cousas, acabar co caciquismo e cambiar esta sociedade”, dixo César Mosquera, vicepresidente da Deputación. “Imos acabar para sempre coas chantaxes”, manifestou Luis Bará, candidato do BNG por Pontevedra no 26X.

bng pontevedra 2A portavoz nacional, Ana Pontón, puxo o nacionalismo como exemplo de compromiso e traballo para que “democratizar” as entidades provinciais e que “deixen de estar ao servizo do PP para estar ao servizo dos concellos”. Así, Pontón quixo deixar claras dúas cousas: “A primeira é que non nos van a calar nin a intimidar, que o BNG non se vai arrugar por moitas prácticas mafiosas que se fagan. E en segundo lugar, que acabamos co caciquismo na Deputación de Pontevedra péselle a quen lle pese, péselle ao PP, a Rueda ou a Feijóo. Para iso serve o labor do BNG nas institucións”.

Querela

O PP anunciou que avaliaba presentar unha querela contra César Mosquera (vice-presidente da Deputación) e Carmela Silva (presidenta) por relacionalas coas ameazas e intimidacións que sofren os deputados provinciais do BNG. O grupo provincial desta formación, de por parte, remitiu unha carta a Alfonso Rueda, presidente do PP de Pontevedra, instándoo a “parar a deriva matonista e mafiosa”.

Cómpre lembrar que, para alén de pintadas con insultos e ameazas, nos últomos días apareceron coroas fúnebres destinadas a César Mosquera e Uxío Benítez (deputado de Mobilidade)

Comentarios