A nacionalista María González Albert será a alcaldesa da Rúa após pactar co PSOE e RUA

Albert, actualmente deputada no Parlamento galego, consegue o bastón de mando após un pacto alcanzado entre a formación nacionalista, PSOE e o partido RUA.
María González Albert será, de novo, alcaldesa da Rúa (Foto: Nós Diario).
photo_camera María González Albert será, de novo, alcaldesa da Rúa (Foto: Nós Diario).

A candidata nacionalista á Alcaldía do concello da Rúa, María González Albert será a alcaldesa da localidade, cargo que recupera despois de perdelo en 2017.

Albert, actualmente deputada no Parlamento galego, consegue o bastón de mando após un pacto alcanzado entre a formación nacionalista, PSOE e o partido RUA.

Nas eleccións do 28-M o PP conseguiu 5 edís contra os dous de cada unha das outras tres formacións, sendo o BNG a máis votada entre elas.

Luis Fernández Gudiña, candidato socialista tomou a remuda de Albert na Alcaldía en 2019. Despois, nas eleccións dese mesmo ano foi o PP quen se fixo coa Alcaldía tras lograr un acordo co RUA.

Diego Lourenzo, novo deputado

Dada a incompatibilidade de ostentar a Alcaldía e un escano no Parlamento, Albert deixará de ser deputada, posto que pasará a ocupar o tenente-alcalde de Verín, Diego Lourenzo.

Comentarios