''Na Gran vía hai máis bandeiras que persoas''

Botamos un ollo ás redes sociais para contarche o minuto a minuto do que opinan @s ‘súbdit@s’ da coroación de Felipe VI. Hai de todo.

Día de traballo para as redes sociais, a ferver nestas horas coa coroación de Felipe VI e comentarios e opinións do máis varipinto en twitter e faceboock (que mesmo estivo caída a nivel planetario durante media hora). HT como #coronacionFelipeVI , #República ou #RepúblicaGalega permiten ver o que se está a cocer.

Un dos puntos máis comentados é a ausencia de ‘masas’ de xenhte no acto, destacando que no paso do novo monarca pola Gran Vía madrileña hai “máis bandeiras que persoas” (@iescolar) ou mesmo “máis policías que persoas” (@revistamongolia).

"Prepareime moito para este momento: nacín e logo procurei seguir vivo todos estes anos", Felipe VI enumera os seus principais logros @JaimeRubio

"A policía identifica a 41 persoas por tentar entorpecer o paso da comitiva real" @La_Ser

"Catro policías subiron á redacción de eldiario.es despois de que na xanela se pendurase a bandeira republicana brevemente" @Guerraeterna

"A maioría silenciosa foi hoxe máis silenciosa ca nunca" @AntonDobao

"Empeza reinado de felipe VI con detencións, censura e accións contra a liberdade de opinión e manifestación.. todo un síntoma do q agarda" @anaponton

"A policía comeza a rodear unha manifestación republicana espontánea en Tirso de Molina" @danips.

"Estamos retendo a quen leva símbolos repúblicanos con normalidade democrática. Gracias. Moltes gràcies. Eskerrik asko. Moitas grazas". @gerardotc

"Tras a abdicación precipitada, a cidadanía de Madrid pasou amplamente da coroación. Comeza mal a segunda transición... Afortunadamente!" @Aure_Lopes

"Se TVE chama multitude ás rúas baleiras na coronación, que lle custaba decir que España gañou 10-0 a Chile" @raulsensato

"Catro retidos en Gran Vía por sacar bandeira republicana e polo menos un deles, detido" @EricGMad

"Un home esposado en Gran Vía por berrar a prol da república ao paso da comitiva real" @lamarea

"En Barcelona acabamos de trocar a Avenida do Príncepe de'Asturies por Avenida da República Catalana!" @lesJERC

"A democracia q desborda Gran Via. 30 persoas retidas sen ningunha explicacion" @Coordinadora25S

"Parécenos un xesto hacia o BNG que FelipeVI leve a banda azul daa bandeira galega posta #FelipePlurinacional" @ciclositurgaiz

"Se tivese que inventar un novo termo para describir o que sinto ao ver as imaxes de Madrid, acho que este sería desanoxo: desacougo + noxo" @ToneGZ

"Ola @policia, o Rei Felipe VI vai de pé nun coche e sin cinturón e a Raiña Letizia non leva cinturón. U_la multa? #CORONACIONFELIPEVI" @PabloTortajada

"Non, se agora imos ter que agradecerlle ao rei que vaia en descapotable. Pero qué tolería é esta. Prensa súbdita". @hectorjuanatey

"Mas e Urkullo se non van son o peor, se van e non aplauden son o peor, se van e non baixan a cabeza ao saudar ao Rei son o peor. Moito facha" @rafiklalin

"A mín, a verdade, contar os ocos das rúas paréceme un pouco chorra. Como lamentarse do que puido ter sido o 2-0 contra Holanda" @diegoebarros

"Pois a min Felipe gústame.. espero poder votarlle nunhas eleccións e deixar de facelo cando a min me saia dos..." @_kilket

"Felipe uve palito citou a Castelao no seu discursso de coronaçom. Nem ele te vergonha nem Galiza tem rei! #RepublicaGalega" @APartenos

"Creo que si passeassem um Circo com elefantes as ruas aplaudiriam mais..." @evazsou

"Non hai moita xente na rúa, a explicación é que o poden ver pola tele", Maxim Huerta, Tele5 #cuñaaao @millanfernandez

"Fernando Onega ponse melancolico de tempos preteritos,pensará "antes si que sabiamos tratar las faltas de respecto de los nacionalistas" @braisribeiro

"Tres antidisturbios acaban de me identificar e cachear en Gran Vía por facerlle preguntas sobre a república a 2 rapazas. Non é brincadeira" @angelcalleja

"Filipe VI cita a Castelao ao referirse á necesidade de protección das linguas de España. Farase Galicia Bilingüe republicana?" @chamademesimbad

"¡Anda!! Felipe VI xa falou máis galego nos últimos 10 anos que Rajoy" @Fer_Vigo

"Xusto hoxe hai 77 anos que as tropas franquistas entraron en #Bilbao" @DLopategi

"Castelao on fire" @msabaris

"Como podes falar do papel da mulher e ser nomeado pola lei sálica?" @feminismogaliza

"Felipe VI cita a Castelao...bueno, tamén o facía Fraga" @Rafiklalin

"¿Está o Congreso aplaudindo a unha muller pola "súa adicación e lealdade" ao seu marido toda a súa vida? Xulgado de Violencia de Xénero, vén". @teclista

"Os deputados e senadores están lentos, o rei fai paradas para que aplaudan e cóstalles pillalo". @AntonioMaestre

"Nótase ese COU en Canadá. Nótase, rediez" (@mrojos)

"Madrid tomada pola policía, bandeiras republicanas prohibidas e paseo en coche pechado por motivos de seguridade. Anda, igual que con Franco" @SiPeroNo

Comentarios