Marea Aberta pide “un novo consenso” en En Marea

O colectivo realizou en Compostela o seu II Encontro, no que participaron representantes do Foro Galego.

Encontro Marea Aberta
photo_camera Unha xuntanza de Marea Aberta

 “Un punto de partida para un dialogo aberto sobre o País que desexamos e da En Marea que queremos como instrumento de unidade popular”. Así cualifican desde o colectivo Marea Aberta o obxectivo do seu II Encontro, no que tomaron parte membros do Foro Galego, outra das pólas que integran En Marea. Nesa cita aprobouse “trasladar a todas as persoas e colectivos que se senten participes do proxecto do cambio a necesidade dun debate sincero e leal, aberto e transparente”.

Nun comunicado informan que entre as conclusións da xornada, está a de que a aposta das forzas do cambio debe ser un “cambio de carácter ético, social e plurinacional; e non so estético” polo cal é necesario “ recuperar a iniciativa política perdida no último ano”. Tamén chaman a “afianzar e ensanchar o cambio nos concellos

Para Marea Aberta faise necesario volver a ilusionar sobre os dous elementos que deron a forza á Marea: “a necesidade de cambio e a unidade na pluralidade interpretado en formato da cooperación entre persoas”.

Comentarios