venres 30/10/20
CALLóN, CABEZA DE LISTA NA CORUñA CO 65% DO VOTO FRONTE AO 32% DE TEREIXA NOVO

Máis de 4.000 persoas votaron nas primarias de Nós-Candidatura Galega

Foron máis de 4.000 as persoas que acudiron a votar este domingo nas eleccións primarias organizadas por Iniciativa pola Unión, nas que Carlos Callón (65% dos votos) se impuxo a Tereixa Novo (32% dos votos) como cabeza de lista pola Coruña.

Foto primarias Nós Candidatura Galega
Vence, Callón e Novo, no momento de votaren

Nas eleccións primarias abertas convocadas por Iniciativa pola Unión para elixir as listas coas que concorrerá Nós-Candidatura Galega ás xerais participaron máis de 4.000 persoas das que formaban parte do censo de votación, cifra que representa o 70% das persoas con dereito ao voto. A Coruña, cun 75,03%, foi a provincia con máis participación, seguida de Pontevedra, 70,6%, de Ourense, 64,69%, e de Lugo, co 60,71%.

O reconto da Coruña foi o que máis interese espertou, ao ser a única circunscrición á que concorrían dúas persoas, Carlos Callón e Tereixa Novo, para ocupar a cabeceira de lista. Finalmente, Callón, que contou con 1.197 votos (o 65,84%), impúxose a Novo, con 585 votos (o 32,18%). A lista pola Coruña ao Congreso fica do seguinte xeito: Carlos Callón, Isabel Martínez-Risco Valdivieso (1.355), Tereixa Novo (1.110), Suso de Toro (1.084), Elvira Souto (951), Laura Vecino (735), Djiby Fall (523), Manuel Presas (417) e Tarela Becerra (268). No que respecta ao Senado, votación na que se rexistraron 27 votos en branco e 6 nulos, encabezará a lista pola Coruña Xosé Luís Rivas, “Mini” (1.340), seguido de Secundino García Casal (919), Vanessa Nieves Nieto (553)  e Miguel Anxo Abraira Sobrado (442).

[Imaxe: BNG] Votación das primarias en CompostelaEn Lugo, concorrerá como cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega ao Congreso Olalla Rodil, co apoio de 444 persoas (o 96,74% dos votos), seguida de Xosé Antón Ledo Pan (252), Montserrat Porteiro Sánchez (147) e Xosé Paleo Rodríguez (52). No que respecta ao Senado, saíu elixida Rosa Ana Prieto Florines (318), Orlando González Cruz (277) e Luís López Melle (201).

En Ourense, Noa Presas acadou o apoio de 334 persoas (o 94,46% dos votos) para encabezar a lista ao Congreso. Acompañan Noa Presas ás Cortes Xerais Perfecta Losada Sotelo (217), Xesús Manuel Suárez García (65) e Fernando Alonso Lorenzo. Ao Senado saíron elixidos Diego Lourenzá Moura (254), Carme Bolaño Vázquez (223) e F. Xabier González Sotelo (107).

En Pontevedra, apoiaron Carme Adán como cabeza de lista ao Congreso 1.238 persoas (o 90,56%). Séguena Miguel Anxo Fernández Lores (913), Míriam Rodríguez Fernández (690), Alberte Lamazares Casero (624), María Pousada Pacheco (379), Helena Pérez Fernández (360), Teba Conde Herrezuelo (319), David Torres Mascato (216) e Segundo González González (181). No que respecta ao Senado, formarán parte da candidatura Alba Cuba Dorado (828), Xosé Collazo Castro (622), Valentín García Bóveda (476), David Torres Mascato (239), Ernesto Vázquez-Rey Farto (189) e Carlos Villar Gutiérrez (83).

A organización salienta a “participación cidadá conseguida” e a “altísima calidade democrática do proceso”

Ao remate da xornada, o coordinador das eleccións primarias, Suso Bermello, sinalou que a experiencia resultou “fondamente positiva”. Salientou tanto a “participación cidadá conseguida como a altísima calidade democrática do proceso de escolla”. “Non houbera nunca en Galiza un proceso de primarias tan aberto, garantista e participativo coma este que vimos de celebrar. Estamos realmente orgullosos da experiencia”, afirma.

comentarios