Unha Lei Galega de memoria histórica para rematar “coa lousa do silencio”

O BNG defende no Día da Galiza Mártir a necesidade de vanzar no recoñecemento das vítimas e a reparación das persoas represaliadas no franquismo. Ana Pontón dixo que se fai necesario “un novo estatus político para Galiza”.

bng

O BNG comprometeuse en Pontevedra esta cuarta feira 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, a poñer en marcha a elaboración dunha “  lei galega da recuperación da Memoria histórica, o recoñecemento das vítimas e a reparación das persoas represaliadas polo franquismo”. Un compromiso para “facer xustiza e acabar coa lousa do silencio”.

A candidata nacionalista, Ana Pontón, asegurou que resulta urxente un novo “estatus político para Galiza” e reivindicou o nacionalismo como impulsor dos procesos de modernización e loita pola democracia  e defensa dos intereses e dereitos do noso país.

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará defendeu a creación dun Arquivo Público da Memoria da represión e da resistencia a partir dos materias recollidos no proxecto Nomes e voces así como recuperar o “Consello pola Memoria” como órgano de participación social no impulso e seguimento das políticas públicas da memoria”.

Por un cambio real

A candidata do BNG consideraq ue o 25S abre as portas á oportunidade dun cambio  “político de verdade”, e que iso pasa por apostar no Nacionalismo, “Cremos, manifestou que non é o momento da xestión, é o momento da política con “maiúsculas, a de verdade” e que resulta necesario “mover os marcos” para crear emprego, blindar os servizos públicos como a sanidade, a educación ou a dependencia.

Pontón chamou a todas aquelas que desexen fechar sete anos de gobernos de Núñez Feijóo e abrir unha nova etapa política para o país a que aposten no proxecto “sólido,definido e con alternativas na que todos os galegos e galegas poden confiar” que representa o BNG.

Comentarios