O inquérito de A3 deixa a suma de PP e Cs á beira da maioría absoluta

O traballo de GAD3 para o grupo televisivo concede 121/124 asentos para os populares, 78/83 para PSOE, 70/74 Podemos e entre 46 e 50 Ciudadanos. En votos Podemos sería segunda forza, superando os socialistas.

papeletas, eleccións

O inquérito que vén de facer público Antena 3 ao fechar os colexios electorais deixa o PP e Ciudadanos á beira da maioría absoluta (176 escanos). Podemos sería a segunda forzas en porcentaxe de votos, superando o PSOE, mais terceira en escanos.

O PP obtería entre 121 e 124 representantes no Congreso e o PSOE entre 79 e 83. Podemos sería terceira forza en escanos, con 70 a 74 deputados, mentres que Ciudadanos obtería de 46 a 50. Izquierda Unida obtería entre 2 e 4.

Esta enquisa concede de 8 a 9 asentos a ERC e de 5 a 7 en DiL (Convergència). O PNV lograría entre 5 e 6, e Bildu entre 2 e 4.

Comentarios