ENTREVISTA A PABLO IGLESIAS

"Hai moitos cataláns que din 'eu catalán antes que nada', e moitos vascos, incluso algúns galegos"

No programa deportivo líder do dial español, El Larguero, o líder de Podemos di que España é "un país de países" no que "hai diferentes sentimentos nacionais que conviven". Dixo que durante o mundial de Sudáfrica a bandeira española foi "un elemento de inclusión para todos".

Pablo Iglesias entrevista El Larguero SER
photo_camera Foto: CadenaSer.com

Boa parte do programa -unha conversa de 71 minutos, a tres voces, o xornalista De la Morena, o treinador do Raio Vallecano Paco Jémez e o propio Pablo Iglesias- gravitou arredor da declaración realizada este 9 de Novembro polo Parlament de Catalunya.

-Por que chegamos a isto? -pergunta De La Morena.

-Eu creo que España é un país de países -responde Iglesias. Un país no que hai diferentes sentimentos nacionais que conviven. Hai un sentimento nacional español, que eu sinto. Porén, tamén hai moitos cataláns que din 'eu catalán antes que nada', e moitos vascos, incluso algúns galegos, que din 'esta é a miña identidade'.

Nese momento De la Morena interpela o candidato de Podemos á Moncloa se non se pode ser catalán "sentíndose español".

"Eu quero xogar o partido [reférese a un hipotético referendo en Catalunya]. Estamos convencidos de que o podemos gañar. Quero ir a Catalunya e plantexarlles: España pode cambiar"

-Totalmente, totalmente. Pero hai algúns que se sentiron ofendidos.

-Por que?

-Pois hai que escoitalos e hai que perguntárllelo. Como madrileño hai veces que me custa entender algunhas cousas, mais vas a Catalunya e para comezar te decatas de que moita xente fala outro idioma, isto parece obvio, mais non é ningunha idiotez, falan outro idioma e teñen unha serie de elementos identitarios distintos e moitos se senten moi cómodos como españois e cataláns ao mesmo tempo, mais hai outros que non.

E que facer con eses outros? A receita de Iglesias é "escoitar e dialogar, aínda que non esteas de acordo".

O líder de Podemos -aliado na Galiza con Anova, Esquerda Unida e as mareas baixo a marca En Marea- defendeu na conversa a realización dun referendo en Catalunya para resolver o seu conflito con España.

"Eu quero xogar o partido [reférese a un hipotético referendo]. Estamos convencidos de que o podemos gañar. Quero ir a Catalunya e plantexarlles: España pode cambiar, pode ser atractiva para Catalunya. Quero seducirvos. Quero convencervos", afirmou.

Comentarios