Galicia en Común reclama unha renda vital de emerxencia e certezas de cara á desescalada

O portavoz da coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, advertírtelle a Xunta que a desescalada do confinamento "non se fai con marketing". Pídelle "certezas e horizontes" ademais de ofreferlle varias propostas "sociais" para "non deixar a ninguén atrás".
EuropaPress_2608453_secretario_general_podemos_galicia_anton_gomez-reino_posa_entrevista_europa
photo_camera Antón Gómez-Reino (Europa Press).

Antón Gómez-Reino, voceiro da coalición Galicia en Común-Anova Mareas, demanda a aprobación dunha "renda vital de emerxencia" que permita achegarlle ás persoas que non teñen ingresos suficientes "axudas económicas directas e urxentes”, co fin de paliar as consecuencias da crise económica derivada da pandemia.

Gómez-Reino avoga por facelo a través dun incremento da renda de inclusión social da Galiza (Risga), das axudas de emerxencia ou doutras vías que cubran "novas demandas". É unha das propostas que a coalición lle trasladou á Xunta este sábado, e que inclúen outras achegas dirixidas a aliviar a carga que sofren os colectivos máis vulnerábeis.

Reforzo dos servizos sociais

Galicia en Común-Anova Mareas pide a "suspensión" de taxas e impostos autonómicos a persoas que acrediten perda de ingresos, requisitos "máis flexibles" de cara á obtención de axudas como as bolsas comedor, "ante o afloramento de novos casos de precariedade", e a ampliación e prórroga do Servizo de Axuda á Dependencia (SAD).

Nesta liña, insta a "reforzar" a teleasistencia de persoas soas, maiores, con dependencia e positivos de coronavirus que o precisen, implementar un "plan específico" a domicilio de persoas que padezan enfermidades mentais e axudas de conciliación para quen teña menores ou dependentes ao seu cargo.

Así mesmo, Gómez-Reino puxo encima da mesa unha liña de axuda "urxente" aos concellos para que poidan "incrementar os recursos materiais e humanos" dos servizos sociais municipais.

Críticas á Administración

Segundo resaltou Gómez-reino, esta batería de propostas forma parte do paquete de medidas que Galicia en Común-Anova Mareas leva "semanas ofrecendo" á Xunta, á que lle pide que "colabore" e "coopere" co Executivo estatal e cos concellos.

O portavoz da coalición lamentou que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, se limite a "criticar outras Administracións" en vez de cumprir coas súas "competencias". Neste sentido, referiuse á reapertura de mercados de proximidade que esta sexta feira lle solicitou ao Executivo estatal. "Xa o podía facer coma outros presidentes territoriais, mais non fixo absolutamente nada", engadiu Gómez-Reino.

Desescalada

O tamén deputado no Congreso apostou por que a desescalada se realice "baixo criterios técnicos" ditados polas autoridades sanitarias, dependendo da "situación epidemiolóxica no ámbito de cada territorio", tal como sinalou o presidente Pedro Sánchez e en función da súa

Así, após incidir en que a desescalada "non pode ser marketing", Gómez-Reino reclamou que se dean "certezas e horizontes" no canto de lanzar propostas con "falsas expectativas".

Eleccións galegas

Sobre os comicios galegos previstos para o 5 de abril e suspendidos a causa da pandemia de coronavirus, Gómez-Reino reiterou que nin as formacións "nin o conxunto da cidadanía están a pensar" nesa cita.

O portavoz e candidato de Galicia en Común-Anova Marreas insistiu en que as eleccións deben convocarse por "consenso", nun momento en que haxa "plenas garantías" e en que a cidadanía "non estea preocupada pola situación sanitaria nin pola situación económica e social".

 

Comentarios