Feixoo irrompe na campaña madrileña acusando o Goberno español de “usar Correos” no caso das cartas con balas

O presidente galego, quen foi director xeral de Correos, inza sospeitas: “Se fomos quen de detectar o ántrax, como non imos detectar metais"

feixoo corrreos
photo_camera Feixoo con carteiros rurais co gallo da entrega da Medalla castelao a este colectivo

Feixoo entra na campaña electoral madrileña e faino asumindo sen complexos o discurso de Vox e o sector máis dereitista do PP sobre as cartas con balas remitidas a cargos como o ministro do Interior Grande Marlaska ou candidatos como o de Unidas Podemos, Pablo Iglesias.

O presidente galego acusa o Goberno español de “usar Correos”, inzando dúbidas de como pode ser que “se fomos quen de detectar o ántrax, como non imos detectar metais". Feixoo considera que todo isto necesita unha explicación: "Como é posíbel deixar Correos nesta situación, un dos mellores Correos de Europea".

Unha afirmación, o do uso de Correos, que non deixa de ser sorprendente por parte quen foi director xeral de Correos, nomeado no ano 2000. “Quéixome de que se estea usando Correos para facer campaña”, dixo Feixoo.

Ademais, o presidente galego incidiu en que ese tipo de envíos non chegan "directamente" ao despacho dun representante ou cargo político, senón que a correspondencia pasa por varios escáneres.

"En Correos hai escáner, na Xunta hai escáner...". "Non me imaxino que me entre unha carta no meu despacho con estes instrumentos ou produtos que parece ser que se dirixen a outros políticos", afirmou.

Feixoo vinculou estes feitos á campaña electoral en Madrid: "A presidenta  Ayuso está a facer unha campaña, mentres que hai outros tentando mobilizar unha determinada parte do electorado".

Comentarios