SESIóN DE CONTROL

Feijóo afirma que anularon o concurso eólico do anterior goberno porque “nolo ordenaron os galegos”

BNG e AGE piden ao presidente que “asuma responsabilidades” após as sentenzas que din que a anulación daquel concurso foi “ilegal” e de levar “á ruçina” un sector punteiro.

Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda no Parlamento de Galiza.

Núñez Feijóo defendeu a anulación do concurso eólico impulsado polo goberno de coligazón entre PSdeG e BNG porque “así nolo ordenaron os galegos”. O presidente da Xunta respondeu así na sesión de control no Parlamento á pregunta do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, que lle inqueriu sobre as sentenzas xudiciais que declaraban ilegal aquela anulación e as que tomban parte do concuro impulsado polo PP. “Levaron á ruína un sector que era punteiro”, reprochoulle Jorquera, que afirmou que “o seu sectarismo sae caro a este país”, lembrándolle que dos máis de 5.600 empregos que o eólico xeraba antes de chegar Feijóo á Xunta agora apenas chegan aos mil. “Vai deixar o noso país como farrapo de gaita”.

"Gobernamos mellor que vostedes, por terra, mar e aire", afirmou, farruco, Feijóo

Tamén Antón Sánchez, de AGE, preguntou a Feijóo polo concurso eólico, acusando á Xunta de “defender o ologopolio eléctrico, freando un sector que podía xerar emprego”. Sánchez recriminou a Feijóo que defendese a anulación do concurso do bipartito alegando que o levaban no porgrama electoral. “Tamén levaban naquel programa o de que Ence marchase da Ría”, dixo. E fíxolle unha pregunta directa que dicou sen resposta, como augurou o propio Sánchez: “Cantos megawatios do seu concurso están instalados a día de hoxe?”. E rematou: “Convoque eleccións. Este país precisa un futuro e vostede non é quen de darllo”.

Conselleiros e conselleiras

A sesión de control comezou cunha pregunta do portavoz socialista, Méndez Romeu, sobre os recortes da Xunta en políticas de igualdade. Como exemplo, puxo que dos 10 conselleiros que ten o goberno de Feijóo só catro son mulleres, un número que logrou, dixo, partindo consellerías á metade. A afirmación xerou un rifi-rafe cos populares, pedindo Feijóo a Méndez Romeu que retirase esa afirmación.

Comentarios