23-X

A enquisa de Mediaset dá maioría absoluta a PP con Vox

A diferencia do que apunta Sigma2, GAD3 sostén que a suma da dereita do PP e os ultraespañolistas de VOX chegaríalles para gobernar.
O mitin final de Alberto Núñez Feixoo foi na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera O mitin final de Alberto Núñez Feixoo foi na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

O PP gañaría as eleccións xerais deste domingo con 150 deputados no Congreso, e alcanzaría a maioría absoluta se pacta cos ultraespañolistas de Vox, que terían 31 escanos, polo que a suma de ambos sería de 181 deputados, segundo a enquisa de Gad3 para Mediaset.

Pola súa parte, esta enquisa outorga ao PSOE a segunda praza, con 112 escanos, mentres que o partido de Yolanda Díaz, Sumar, tería un total de 27 deputados. A suma de ambos no bloque da esquerda quedaría en 139 escanos.

Con respecto ao Bloque Nacionalista Galego, duplicaría a súa representación en Madrid, pasando de un a dous deputados.

En Catalunya, ERC sería a primeira forza con oito, seguida de Junts, que tería sete. A CUP ficaría con un.

En Esukadi, e do mesmo modo que apuntaba Sigma2, Bildu (6) adelantaría o PNV (5).

Comparativa cos resultados de 2019

As eleccións xerais do 10 de novembro de 2019, foron gañadas polo PSOE co 28,25% dos votos e 120 escanos. En segundo lugar quedou o Partido Popular con 20,99% e 89 escanos.

A terceira praza foi ocupada por Vox co 15,21% e 52 escanos, mentres que Unidas Podemos obtivo 12,97% e 35 escanos. Cidadáns, co 6,86%, quedou en 10 escanos.

Comentarios