23-X

A enquisa da CRTVG apunta a un escenario aberto e outorga ao BNG entre un e dous escanos

A radio e a televisión públicas galegas apuntan a un incerto panorama político.  
Resultados da enquisa encargada pola CRTVG a Sigma 2. (Foto: CRTVG).
photo_camera Resultados da enquisa encargada pola CRTVG a Sigma 2. (Foto: CRTVG).

O CRTVG fixo públicos os resultados da enquisa encargada a Sigma2, que deixan un escenario moi aberto á hora de estabelecer os pactos de goberno.

Segundo esta, o PP sería o gañador das elección, cun abano de deputados entre 145 e 150 deputados.

Tendo en conta que Vox sumaría entre 24 e 27 deputados, o pacto entre a dereita de Feixoo e a formación ultraespañolista só sería posíbel collendo os resultados máis altos do abano que marca a enquisa.

O Partido Socialista, pola súa parte, obtería uns resultados de entre 113 e 118 deputados, mentres que Sumar de Yolanda Díaz daría o 'sorpasso' a Vox, adquirindo a condición de terceira forza con entre 28 e 31.

Con respecto ao Bloque Nacionalista Galego, Sigma 2 recoñece a posibilidade de que consiga un segundo deputado que acompañe Néstor Rego en Madrid.

Pola súa parte, empate a nove deputados entre as formacións catalás (Esquerra e Junts) e novo 'sorpasso' en Euskadi, onde EH Bildu, con 6, superaría un PNV que acadaría tan só cinco.

Comentarios