A dirección estatal de Podemos advirte a Riobóo que está destituído, mais el vese lexitimado para continuar

O secretario de Organización do partido, Sergio Pascual, reafirmou a decisión de Pablo Iglesias de disolver todos os órganos directivos en Galiza, advertindo a Riobóo que iso tamén lle afectaba a el como secretario xeral galego

sergio pascual podemos
photo_camera Sergio Pascual, secretario de Organización de Podemos

A dirección estatal de Podemos advirte a Breogán Riobóo que está destituido como secretario xeral do partido en Galiza. Unha advertencia que lanza pouco despois de que Riobóo anunciase nunha comparecencia que se sentía lexitimado para seguir no cargo e que desbotara concorrer a primarias. O secretario de Organización do partido, Sergio Pascual, reafirmou a decisión de Pablo Iglesias de disolver todos os órganos directivos en Galiza, advertindo a Riobóo que iso tamén lle afectaba a el como secretario xeral galego. Por moito que diga Riobóo que se mantén no cargo.

Tamén reafirmou Pascual a creación dunha 'comisión técnica' – xestora- para realizar eleccións internas. O secretario de organización dixo que “o señor Riobóo é libre de se presentar ou non ao novo proceso interno convocado polo secretario xeral”, en referencia a Pablo Iglesias. Neste sentido, Sergio Pascual dixo que se Riobóo non quer concorrer nas primarias, as persoas inscritas en Galiza elexirán o seu secretario xeral “tan pronto como se poña en marcha ese proceso”.

Comentarios