A dirección estatal presiona Riobóo para que abandone deixándoo sen competencias 'de facto'

O sector enfrontado ao secretario xeral galego de “cerrazón ao diálogo” e lamenta “este ruído, que non axuda ao cambio en Galiza”.

marea podemos tone angela
photo_camera Gómez Reino e Ángela Rodríguez

Achicar a auga ao seu redor para lograr que se renda e deixe o cargo. Esta semella ser a estratexia que a dirección estatal de Podemos impulsa ante a decisión de Breogán Riobóo de se manter como secretario xeral en Galiza e facer caso omiso das exixencias de Madrid, que disolveu a dirección do partido no noso país. Estanse a restrinxir a Riobóo as capacidades executivas, como poder contratar persoal ou cortando o acceso á comunicación por correo alectrónico coa filiación podemita, segundo informa 'La Voz de Galicia'. Riobóo segue no cargo mais non ten competencias de facto, apontan desde o partido, cuxa ponte de mando estatal apostaría en isolar o secretario xeral galego, en situalo á marxe. Mais Riobóo non estaría só e tamén tería os seus apoios, entre eles en círculos dalgunhas cidades galegas ou correntes internas como 'Mar de Fondo'. A súa estratexia pasaría por se presengtar como o valedor das bases (defendendo que estas son as que teñen que decidir como e con quen concorrer nas galegas) fronte a “imposicións” de Madrid e os seus aliados en Galiza, situando os tres parlamentares.

Para un destes parlamentares, Gómez-Reino, deputado no Congreso, “este ruído non axuda ninguén, non axuda ao cambio na Galiza” e considera que Riobóo pecou de “cerrazón ao diálogo”. Así o manifesta end eclaracións a EP, onde sostén que foi un secretario xeral “que non quer escoitar o que pensan os seus compañeiros: que o resultado de En Marea é espectacular”.

E na grave crise interna de Podemos Galiza tamén opinan outros, como o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, militante de Esquefrda Unida, que atribúe a decisión de Riobóo de se manter como secretario xeral a que ten “medo” de non encabezar algunha candidatura nas galegas e considera que vai “a contracorrented o que demanda a sociedade”.

Comentarios