Díaz presenta Sumar como a forza ‘decisiva’ para o cambio na Galiza

A vicepresidente do Goberno do Estado, Yolanda Díaz desembarcou este sábado na Coruña para empuxar a campaña da súa formación na Galiza. Alí, participou nun acto co voceiro da formación, Paulo Carlos López, e cos membros da súa promotora, Juan Díaz Villoslada e Rocío Núñez.

A Coruña.
La vicepresidenta segunda del Gobierno y líder de Sumar, Yolanda Díaz (2d), presenta en A Coruña, la comisión promotora de Sumar Galicia, cuyo portavoz es Paulo Carlos López (d), Marta Lois (2i) y después de que el diálogo con Podemos se haya quebrado a raíz de la escisión del grupo en el Congreso.
Juan Manuel Díaz Villoslada (i), Martiño Noriega (), José Manuel Sande (), Manolo Lago (), Jorge Suárez () o Laura García Parada (), son algunos de los nombres que forman parte de la promotora
16/12/2023
Foto: M. Dylan / Europa Press
photo_camera Juan Díaz Villoslada, Marta Lois, Yolanda Díaz e Paulo Carlos López hoxe na Coruña. Foto: Europa Press.

Sumar non encheu o salón pequeno do Palexco no estreo de Yolanda Díaz na precampaña galega pero a formación amósase convencida do seu papel central no cambio na Galiza. Neste sentido, o voceiro da formación, Paulo Carlos López sinalou que “imos ser quen determine o próximo Goberno da Xunta”.

López asegurou que que “o detonante político do cambio na Xunta é Sumar”, a quen presentou como a “casa común de todas as persoas progresistas”. Nesta liña, defendeu que “esta é a casa das persoas que queremos dignidade laboral para as enfermeiras en loita, dos bombeiros en folga, das persoas en situación de precariedade".

Díaz insistiu na mesma dirección de López  que “Sumar Galiza é a forza decisiva para o cambio. A este respecto, argumentou que “só co BNG e o PSdeG non hai cambio na Xunta da Galiza”.

A vicepresidente do Goberno do Estado explicou en relación co BNG e o PSdeG que “temos diferenzas, témolas, pero temos que transmitir esperanza e capacidade de traballo conxunto para chegar á Xunta igual que para o Goberno de España”.

“É posíbel cambiar as cousas”

A líder de Sumar amosouse convencida de que “é posíbel cambiar as cousas”. Nesta liña, chamou a mobilización dos seus para impulsar unha mudanza de rumbo á fronte do Goberno galego.

Díaz lembrou en relacións cos comicios estatais que “ninguén cría que podiamos gañar e dicíannos que estaba feito, que Feixoo ía gañar e o seu vicepresidente ía ser Abascal" e asegurou que os votos de Sumar fixeron “posíbel hoxe que Abascal non sexa vicepresidente".

A vicepresidente do Goberno do Estado reclamou “crer en nós”, porque “ podemos gañar na Galiza". Nesta dirección, recordou que nas eleccións estatais o voto á esquerda do PP superou os alcanzados por Núñez Feixoo en 2020.

Comentarios