Desactivados dous explosivos na zona viguesa de Monte Sampaio

Os artefactos estaban a carón de antenas de transmisión de televisión. Varios medios de comunicación recibiron un aviso mediante correo electrónico.
Pintada de Resistencia Galega
photo_camera Pintada de Resistencia Galega

Onte pola noite desactiváronse dous explosivos no monte Sampaio, en Vigo. Segundo informan algúns medios de comunicación, varios correos electrónicos asinados por 'Resistencia Galega' alertaron da colocación de artefactos na zona. Esta acción do grupo independentista coincide coas vacacións na Galiza do presidente do goberno español, Mariano Rajoy. As últimas aparicións de 'Resistencia galega' atacaron sedes do Partido Popular e entidades bancarias.

Comentarios