Compromís desvincúlase da estrutura orgánica de Sumar e as súas mocidades piden o voto para o BNG o 18-F

A organización xuvenil de Compromís, Joves PV, solicitou a través das súas redes sociais o voto para o BNG nas próximas eleccións ao Parlamento galego do 18 de febreiro. “Todo o apoio para o BNG e Galiza Nova -organización xuvenil do nacionalismo galego- nas eleccións do próximo 18 de febreiro”, indicaban.
A deputada de Compromís no Congreso, Àgueda Micó (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
photo_camera A deputada de Compromís no Congreso, Àgueda Micó (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).

A deputada de Compromís no Congreso, Àgueda Micó, manifestou que a súa formación non formará parte da estrutura orgánica de Sumar nin da súa dirección, dado que a súa relación co proxecto que lidera Yolanda Díaz é "bilateral".

Así o trasladou en rolda de prensa no Congreso tras a presentación do grupo promotor de Sumar, que xunto á dirección provisional da formación pilotará a construción orgánica de Sumar até a súa asemblea do próximo 23 de marzo, así como reforzar os seus postulados políticos.

Aliás, a organización xuvenil de Compromís, Joves PV, solicitou a través das súas redes sociais o voto para o BNG nas próximas eleccións ao Parlamento galego do 18 de febreiro. “Todo o apoio para o BNG e Galiza Nova -organización xuvenil do nacionalismo galego- nas eleccións do próximo 18 de febreiro”, indicaban.

"Grupo plurinacional"

"Compromís non formará parte nin da estrutura orgánica nin do Movemento Sumar (a denominación da formación). Compromís forma parte dun grupo parlamentario plurinacional no cal compartimos espazo político e cooperamos politicamente con Sumar e todos os partidos incluídos no grupo", salientou Micó.

Micó deixou claro que a súa formación é partidaria de que exista un proxecto estatal como Sumar, pero tamén é "necesario" que Sumar entenda que o proxecto político de referencia no País Valencià é Compromís. O acordo de coalición entre Sumar e Compromís recolle, segundo debullan desde a formación valenciana, un punto relativo á non competencia electoral, pola que Sumar é a marca estatal na cal se vincula Compromís e a forza valenciana é a referencia electoral nos comicios valencianos.

Desde Més per Mallorca tampouco asistiron ao acto e recalcan que o acordo con Sumar é de cooperación electoral e, como forza política autónoma, tampouco van formar parte da estrutura orgánica do proxecto de Díaz. De feito, apuntan a que os acordos se dan paso a paso e terán que decidir como concorren ás eleccións europeas.

Comentarios