luns 06.07.2020
MUNICIPAL

Clamor en Vimianzo contra unha moción de censura tránsfuga

A vila atópase á espera da resolución do recurso presentando contra a sentenza que avala unha moción de [email protected] tránsfugas que xa quedara desactivada en marzo pero agora volve ameazar ao alcalde nacionalista Manuel Antelo.

Manuel Antelo
Manuel Antelo

Tres independentes, dúas persoas que se presentaron polo PSOE e dous concelleiros do PP que non contan co apoio da xestora local quixeron no mes de marzo presentar unha moción de censura contra o goberno local de Vimianzo que dirixe Manuel Antelo, do BNG, mais non puideron xa que @s socialistas foran [email protected] do partido e pasaron así a ser considerados tránsfugas, o que impedía legalmente o seu asalto á alcaldía. Porén, unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña avalou a pasada semana esta acción contra toda lóxica, polo que a pantasma da censura volve sobrevoar a localidade malia o clamor maioritario en contra.

“Dous dos concelleiros asinantes foron expulsados do seu partido polo que a lei e ben clara e fai imposíbel levar a moción de censura adiante, agás que se faga de maneira ilícita"

Agora, todo se atopa á espera de que se resolva o recurso presentado por Antelo. Desde o Bloque lembran que “dous dos concelleiros asinantes foron expulsados do seu partido polo que a lei e ben clara e fai imposíbel levar a moción de censura adiante, agás que se faga de maneira ilícita. Trátase dunha moción inviábel por estar apoiada en tránsfugas que só teñen como obxectivo instalarse na poltrona e practicar o clientelismo”. “O labor municipal do BNG en Vimianzo demostra que estamos ante un goberno ao servizo [email protected] veciñ@s, que responde unicamente aos seus intereses, que traballa para mellorar as condicións de vida do conxunto da poboación e que se sabe apoiado socialmente para continuar as moitas tarefas que aínda fican por facer, fronte aos intereses particulares e de revancha dos asinantes da devandita moción”, engade a formación nacionalista.

Mesmo desde o PP saen voces en contra da moción malia a participación na mesma de dous dos seus concelleiros, dos tres cos que contan

Mesmo desde o PP saen voces en contra da moción malia a participación na mesma de dous dos seus concelleiros, dos tres cos que contan. Segundo o presidente da xestora na vila, Eduardo Amado, “esta moción non a apoia o 90 por cento do noso partido e a maioría da poboación, sería impoñerlle un novo goberno ao pobo”. Pola súa parte, Manuel Rodríguez, aspirante á alcaldía por parte dos impulsores da moción, sinala que conta co apoio de [email protected] militantes do PSOE, do que foi expulsado, afirma que mesmo dispón deles por escrito. Pero a lei o considera tránsfuga e, polo tanto, o normal é que finalmente non poida presentar a moción que tensa nestes días Vimianzo. Terá que decidilo a Xustiza.

comentarios