Calviño apoia Besteiro: É "fundamental" unha persoa que "poida traballar co Goberno de España" á fronte da Xunta

O que fora líder de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, foi proclamado este sábado novo secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela.
O candidato do PSdeG á Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta española en funcións, Nadia Calviño, este sábado en Compostela (Foto: Arxina).
photo_camera O candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta española en funcións, Nadia Calviño, este sábado en Compostela (Foto: Arxina).

A vicepresidenta primeira do Goberno do Estado español en funcións, Nadia Calviño, apoiou este sábado en Santiago de Compostela ao candidato do PSdeG á presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro.

Para Calviño é "fundamental" que á fronte da Xunta estea unha persoa que "poida traballar co Goberno de España e cos concellos" para "aproveitar plenamente a oportunidade extraordinaria" actual. "A Galiza merece máis", proclamou.

No marco da xornada 'A Galiza. Horizonte 2030. Preparando o cambio', Calviño sinalou que a Galiza debe estar "á cabeza dos cambios tecnolóxicos" e "atraer talento".

Pola súa parte, un Besteiro emocionado tomou a palabra agradecendo a Calviño a súa asistencia a este acto e reivindicando "a unidade" dos socialistas galegos.

"O cambio non vén, o cambio está aquí. É un cambio pola Galiza que necesita crecer, non pararse. Co PSOE seguro que haberá cambio na Galiza. O cambio non ten, xa está aquí e é noso. É o noso tempo", concluíu.

Novo secretario xeral do PSdeG en Compostela

O que fora líder de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, foi proclamado este sábado novo secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela cunha única lista na que se sitúa como número dous a tamén avogada e ex concelleira socialista Marta Álvarez Santullano. Na Comisión Executiva, entre outras persoas, intégrase o actual delegado do Goberno español, Pedro Blanco.

A asemblea extraordinaria, na que estivo o ex alcalde e senador estatal Xosé Sánchez Bugallo, decorreu este sábado e, tras constituír a mesa para o acto, quedou proclamada a lista que encabeza Aitor Bouza, na que non hai ningún membro da actual Corporación Municipal da capita galega, aínda que o portavoz socialista no consistorio, Gonzalo Muíños, forma parte como membro nato da Comisión Executiva.

A lista está composta, ademais de por Aitor Bouza e Marta Álvarez Santullano, polos seguintes nomes: Laura Requeixo González, Rosas Arcos Caamaño, Isabel Gómez Cambón, Isaac Buergo Almirón, Begoña Rodríguez Rodríguez, Francisco Javier Cardama Santiago, Antonio Llovo Guillán, Gabriel Rama Rodríguez, Pedro Branco Lobeiras e Jesús Peón Otero.

Comentarios