Primarias PSdeG

Besteiro presenta na sede do PSdeG uns 3.000 avais, cinco veces máis do mínimo exixido

En declaracións aos medios na sede do PSdeG, Besteiro destacou que quería traer en persoa estes avais en agradecemento ás máis de 3.000 persoas que lle trasladaron o seu apoio para competir na carreira que determinará á persoa que encabezará a candidatura do PSdeG á Xunta da Galiza.
Besteiro entrga os avais acompañado de varios militantes do PSdeG (Foto: Europa Press).
photo_camera Besteiro entrga os avais acompañado de varios militantes do PSdeG (Foto: Europa Press).

O que fora secretario xeral do PSdeG entre o 2013 e o 2016 e actual deputado no Congreso pola circunscrición de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou na sede dos socialistas galegos uns 3.000 avais, cinco veces máis do número mínimo exixido.

O político chegou acompañado por varios militantes á sede da formación na capital galega na xornada na cal finaliza o prazo para rexistrar as firmas necesarias para competir neste proceso interno, que son entre un mínimo de 615 e un máximo de 1.024.

Os avais presentados por Besteiro terán que ser agora validados polo organismo do partido habilitado para tal efecto para que a súa candidatura poida ser ratificada. Ademais, continúa a incógnita sobre si o outro militante postulado no proceso, o socialista coruñés Manuel Losada, chegará a reunir as firmas necesarias.

Agradecemento

En declaracións aos medios na sede do PSdeG, Besteiro destacou que quería traer en persoa estes avais en agradecemento ás máis de 3.000 persoas que lle trasladaron o seu apoio para competir na carreira que determinará á persoa que encabezará a candidatura do PSdeG á Xunta da Galiza.

"Non hai que esquecer que o aval é unha forma de declaración pública de que un apoia a un candidato, que non é unha cousa menor", dixo para sinalar que, ademais das firmas que entregou fisicamente, tamén hai persoas que o avalaron de forma telemática.

Besteiro, que asegurou descoñecer se Manuel Losada reunirá os requisitos mínimos para competir no proceso, lembrou que ás 15 horas da tarde fecha o prazo.

Ademais, tras pór en valor as primarias, sostivo que se presenta coa aspiración de "gobernar Galicia". "Percibo que ese cambio é real na Galiza. Que a maioría dos galegos queren un cambio de Goberno e estou convencido de que ese cambio o vai liderar e a protagonizar o Partido Socialista", expresou.

Comentarios