Aitor Bouza é elixido como novo líder do PSOE de Compostela

O que fora secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Galiza Aitor Bouza será o novo secretario xeral do PSOE compostelán ao encabezar a única candidatura presentada nas primarias locais convocadas tras a marcha do que fora alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. En concreto, o prazo de presentación de candidaturas para liderar o PSOE local finalizou ás 14 horas desta cuarta feira e o proxecto de Bouza é o único que concorreu ao proceso.A súa candidatura será proclamada o próximo 21 de outubro e no seu proxecto inclúense nomes como os do delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, e a socialista compostelá Marta Álvarez Santullano, tal e como o propio Bouza confirmou.

Aitor Bouza (Foto: PSOE).
photo_camera Aitor Bouza (Foto: PSOE).
Comentarios