mércores 30/09/20

Caballero pide unha participación masiva para marcar a “páxina do futuro” da Galiza

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, pediu unha participación "masiva" nas eleccións que marque a "páxina do futuro" da Galiza.
O candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, votou en Vigo.
O candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, votou en Vigo.

En Vigo exerceu o seu dereito ao voto Gonzalo Caballero, candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta. Remarcou o líder socialista que a xornada electoral representa un "punto de inflexión" dada a situación actual, polo que incidiu na necesidade de que o resultado das eleccións conte co "referendo" de "toda a cidadanía".

“Hoxe estamos nunha xornada electoral moi importante para Galiza, é a festa dea democracia, coa posibilidade de que as cidadás e cidadáns decidamos o futuro do país en que vivimos”, dixo Caballero.

"O poder do voto permite marcar a folla de ruta para o benestar e progreso que queremos para Galiza”, dixo o candidato, polo que fixo un chamamento a todas as persoas para votar “nunhas eleccións distintas, con medidas de seguranza ante o virus, pero onde precisamos dunha participación masiva, pois a participación lexitima os Gobernos e fai que os resultados representen mellor a vontade dun pobo”, aseverou.

comentarios