sábado 04/12/21

Caballero pide igualar Galiza a País Vasco e Cataluña se o Estado se abre a darlles outro tipo de configuración

Reprocha a Feixoo os recortes en Sanidade e acúsalle de ser un "conservador en en vea".

O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero (Europa Press).
O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero (Europa Press).

O candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, defendeu esta cuarta feira que Galiza dispoña do "mesmo trato constitucional" que Cataluña e o País Vasco, no caso de que o Estado se abra a dar outro tipo de configuración ou de posición a estas "nacionalidades históricas".

"Calquera cambio que exista no marco constitucional, de calquera escenario, esixirá reconsiderar o status de Galiza como nacionalidade histórica, se nalgún momento o Estado evoluciona a dar outro tipo de configuración ou de posición ás nacionalidades históricas do País Vasco ou Cataluña, Galiza deberá ter o mesmo trato constitucional", sinalou Caballero durante a súa intervención nun almorzo informativo en Madrid.

A vicepresidenta terceira do Goberno español e ministra de Economía, Nadia Calviño, foi a encargada de presentar a Caballero neste acto en Madrid. A representante do Goberno pediu o voto para o líder socialista e comprometeuse, no nome do Executivo, a colaborar con Galiza.

Caballero recriminou ao xefe da Xunta, Nuñez Feixoo, os recortes en sanidade e acusouno de ser un "conservador en vea" e de proxectar unha imaxe de moderación fóra de Galiza, que non se corresponde, ao seu xuízo, cos "resultados que dá aos cidadáns".

"Temos que quitar a careta a Feixoo que esconde as siglas do PP, pero que as leva na frente cando rexeita calquera tipo de avance social", subliñou Caballero en relación á polémica suscitada polo cartel de pre campaña de Feijóo no que daba un papel pouco protagonista ás siglas da formación 'popular'.

Con todo, Caballero puxo en dúbida que Feixoo non vaia realizar un pacto postelectoral con Vox no caso de que así o necesite para gobernar.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Caballero pide igualar Galiza a País Vasco e Cataluña se o Estado se abre a darlles...
comentarios