BNG e esquerda abertzale protagonizarán este mércores un acto en Santiago a prol da soberanía

Niko Moreno e Guillerme Vázquez participarán nunha palestra sobre o dereito das nacións a decidir.

Organizada polo BNG, o voceiro nacional da organización frontista, Guillerme Vázquez, e Niko Moreno, responsábel de relacións internacionais da esquerda abertzale, o acto terá lugar esta cuarta feira ás 20.00h no Hotel Compostela.

Segundo @s nacionalistas, a palestra pretende "coñecer e partillar experiencias con persoas que participan dos procesos que procuran a soberanía" como camiño para saír da crise dunha maneira máis social. Aliás, aseguran que o acto se encadra nunha campaña máis ampla que traerá a Galiza representantes doutras organizacións soberanistas de Catalunya e doutros pobos e nacións de Europa.

Comentarios