mércores 27.05.2020

O BNG absterase na votación para prorrogar o estado de alarma

“Non podemos avalar unha liña de acción na que o Goberno español persiste a pesar de se ter evidenciado como profundamente equivocada”, indican as nacionalistas.

O deputado do BNG, Néstor Rego (Imaxe: Nós Diario)
O deputado do BNG, Néstor Rego (Imaxe: Nós Diario)

O BNG anuncia que se absterá esta cuarta feira na votación no Congreso da nova prórroga solicitada polo Goberno español para o estado de alarma. As nacionalistas indican que van manter a “actitude construtiva”, polo que non se oporán a unha nova prórroga “das medidas necesarias para a contención e control da pandemia”.

Porén, engaden, “non podemos avalar unha liña de acción en que o Goberno español persiste a pesar de se ter evidenciado como profundamente equivocada”.

O BNG cre que o Goberno debe rectificar, renunciando  á centralización, e aposta en que o ámbito de decisión sexa a Galiza e o de xestión a comarca.

O BNG sinala que a “práctica” constatou como “inadecuado e “ineficaz” o “proceso de centralización provocado coa primeira declaración do Estado de Alarma, que supón decidir todo desde Madrid con criterios uniformes sen tomar en consideración as característica e condicións de cada País”.

"Decidir desde Madrid con criterios uniformes non é operativo"

Se a centralización non tiña sentido daquela, indican, “moito menos” agora para a desescalada. Reprochan ao Goberno de Pedro Sánchez que teime nunha liña que, afirman, “descoñece a realidade do noso País, moi diferente a outros territorios do Estado”.

Néstor Rego, deputado naciibalista no Congreso español, salienta que decidir desde Madrid con criterios uniformes non é operativo do punto de vista práctico por descoñecer a realidade diferenciada da Galiza, especialmente polo tipo de poboamento disperso. O BNG cre que o Goberno estatal debe rectificar, renunciando  á centralización, e aposta en que o ámbito de decisión sexa Galiza e o de xestión a comarca.

Nesta liña, as nacionalistas piden unha rectificación por parte do Goberno español que pase por restaurar plenamente as competencias da administración galega para, a partir de aí, poder elaborar un Plan Galego de Desconfinamento progresivo adaptado

comentarios