18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO

Barómetro completo de EM-Analytics (9 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

A campaña electoral fai a súa primeira semana cun Partido Popular (PP) á baixa pelexando por manter a súa maioría absoluta e cun Bloque Nacionalista Galego (BNG) á alza, que mellora en 1,7 puntos a súa intención de voto nestes últimos sete días. A entrega de hoxe do barómetro sobre as eleccións galegas realizado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para Nós Diario deixa o Partido Socialista de Galicia co 17,3% dos sufraxios e con 13 escanos no Parlamento galego, onde non entrarían o resto das formacións que concorren aos comicios de 18 de febreiro. Até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Estimación de escanos segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' deste 9 de febreiro.
photo_camera Estimación de escanos e votos segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' deste 9 de febreiro.
A semana decisiva nunha campaña electoral é a segunda, mais a primeira permite xa marcar as grandes tendencias que acaban por condicionar o resultado final dun proceso electoral. A falta de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios