18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics (2 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

O futuro Goberno galego está en mans do electorado indeciso. A cuarta entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics para 'Nós Diario' sinala que o 25% do electorado aínda non decidiu a que forza política votará nos comicios do 18 de febreiro. Os datos da sondaxe avanzan unha loita fechada entre as diversas formacións políticas para decantar cara ás súas posicións este importante segmento do corpo electoral. Arranca a campaña máis aberta desde os comicios do ano 2009. Até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do 'tracking' diario de EM-Analytics en exclusiva para 'Nós Diario'.
photo_camera Evolución do 'tracking' diario de EM-Analytics en exclusiva para 'Nós Diario'.
O Partido Popular (PP) parte en cabeza de cara aos comicios do 18 de febreiro. Segundo as cifras do Instituto Demoscópico EM-Analytics, os populares obterían o 45,8% dos votos e 39 escanos, tres…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios