Así é a carta que Juan Pardo remitiu a Alfonso Rueda e que tanto gustou ao candidato do PP

O autor de ‘Xuntos’, que fora himno electoral co PP de Fraga e agora recupera Rueda, escribiu unha misiva ao candidato do Partido Popular no 18-F.

rueda pardo
photo_camera Rueda nun momento da lectura da carta.

Juan Pardo e o seu ‘Xuntos’ son unha marca distintiva do PP. Desde o seu uso polo Partido Popular de Manuel Fraga á súa recuperación agora polo Partido Popular de Alfonso Rueda, a canción é para os populares “o himno da Galicia que funciona" .

Juan Pardo remitiu unha carta a Alfonso Rueda. O propio candidato do PP e presidente da Xunta da Galiza colgou un vídeo lendo a misiva que lle enviou o cantante.

“A Galiza inspiroume sempre”, di nela Juan Pardo. “Fun un abandeirado na promoción da música en galego en todo o mundo”, engade. Di que quixo facer con ‘Xuntos’, un tema “popular e enxebre” e móstrase contento de que este tema fose versionado por outros artistas.

“Cando as discográficas dificultaban o camiño aos temas en galego mantívenme firme”. Pardo publicou ‘Galicia miña nai dos dous mares’ en 1976, con letras de Cabanillas ou Pondal. Foi moi criticado desde a canción galega de intervención por ter ‘alfombra vermella’ para publicar e actuar canda outros cantautores sufrían censura e suspensión de concertos por versionar autores galegos.

Non perde ocasión Rueda de responderlle, e faino no mesmo vídeo. “Querido Juan, grazas por estas palabras e por esta carta tan agarimosa”.

“Nestas 2 semanas [duración da campaña electoral] vas estar máis presente entre nós”, di o candidato popular, que cualifica o músico de “historia da Galiza”.

Comentarios