Primeiro foi Martiño Noriega, ex alcalde de Compostela, e agora é Antón Sánchez, deputado, quen desliga a configuración dunha alternativa da ‘esquerda rupturista’ para o 5-A do debate de nomes e sitio nas candidaturas. “Non tapemos as discrepancias con nomes propios se o que queremos é construír o espazo común”, afirma nun tweet publicado nas redes sociais esta terza feira.
Sánchez, portavoz de Anova, ao igual que Noriega hai uns días, está disposto a non ir nunha candidatura se iso facilita un acordo entre os diferentes actores políticos que negocian una candidatura unitaria. “Se o prezo dun bo acordo para derrotar a dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto, porque para min non vale nada”, afirma.
O debate dos nomes non está na mesa, pero se o prezo dun bo acordo para derrotar á dereita é quedar fóra dunha lista, pagareino con moito gusto,pq para min non vale nada. Non tapemos as discrepancias con nomes propios se o que queremos é construír o espazo común.#HaiQueBotalos
— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) February 18, 2020