Fontes próximas a Mato informaron á Cadena SER que a ministra mentiu ao dicer que se divorciara do seu marido en 2000. En realidade, fíxoo en 2004. De 2000 a 2004 foi cando o matrimonio, que tiña rexime de gañanciais, recibiu as dádivas.
Mato perde pé e intensifícase a presión sobre Rajoy para que a cese.
Esperanza Aguirre deulle onte un empurrón na reunión da cúpula do PP madrileño. Alén de criticar a que cualificou de "xestión horríbel" de Cospedal, afirmou que ela tería cesado a Mato, en clara alusión crítica á inacción de Rajoy, que até agora veu protexendo á ministra de Sanidade.
Pero hai máis: hoxe coñeceuse, de fontes próximas á ministra, que en realidade Mato estivo casada con Sepulveda, empregado do PP, até o ano 2004 e non até o 2000 como ela ten declarado. O dato é moi relevante, posto que os agasallos -viaxes, bolsos de luxo...- que tería recibido a parella da Gürtel fóronlles entregado precisamente entre os anos 2000 e 2004, cando o matrimonio, en réxime de gañanciais, aínda non rachara.