Caballero tropeza por segunda vez nunha rotonda, desta volta, cun dinosauro

A cinco días das eleccións, o alcalde de Vigo e candidato polo PSOE, Abel Caballero, revolucionou a campaña colocando e quitando na mesma mañá un dinosauro de grandes dimensións dunha rotonda na rúa Rosalía de Castro. É a segunda rotonda na que tropeza o alcalde de Vigo. 

dinosaurio

Despois da protesta social que recibiu polo barco instalado na rotonda de Coia, o goberno de Abel Caballero volveu esta semana recuncar instalando un dinosauro de grandes dimensións na de Rosalía de Castro. O resultado, malia iso, non foron iguais. Mentres o Alfageme segue encallado no popular barrio vigués, o dinosauro desapareceu en tan só unhas horas, o tempo suficiente para que as redes sociais estouparan coa nova idea de Abel Caballero. 

Desde Caballero-Rex a política xurásica sentiuse para cualificar a nova iniciativa do goberno do PSOE de Vigo que sorprendía esta mañá á veciñanza coa imaxe do dinosauro na mesma rúa na que o máis singular emblema é a estatua de Rosalía de Castro. Elaborado con setos de grande dimensión, a escultura natural foi instalada nesta mañá de terza feira e causou estupor na veciñanza que non deixou de sorprenderse cando, pouco despois, o animal desaparecía deixando de novo a rotonda ao ermo. 

Comentarios