Na tarde deste sábado tivo lugar na sede de Podemos Galicia en Santiago a presentación desta lista, encabezada por Gonzalo Busqué, que estivo acompañado pola concelleira no Concello da Pobra Charo Varela e unha vintena de membros da lista.
O proceso interno de Podemos chega, en palabras de Gonzalo Busqué, nun momento "transcendental" ante a apertura dun horizonte electoral con municipais a curto prazo, estatais previstas para finais de 2023 e galegas para o verán de 2024.
Ante isto, avogan por sumar forzas co proxecto polÃtico da ministra Yolanda DÃaz sempre que exista "visibilidade" para Podemos. "Non imos aceptar ir nun proxecto no que Podemos non teña encaixe", engadiu.
AsÃ, manifestou o seu "máximo respecto" polo liderado de DÃaz, "exemplo" para Busqué "do que ten que ser un ministro que goberna para a xente", aÃnda que subliñou que están "á expectativa" de como se desenvolve Sumar e cal é a súa relación co resto de partidos e organizacións.
"A nosa postura é clara: participar en Sumar se hai visibilidade de Podemos e temos importancia como partido. Non nos poñeremos en segundo plano. Non o entenderiamos", aseverou Gonzalo Busqué.
Busqué cualifica de “desastre†o acontecido en Podemos
Este grupo de militantes rexistrados "de toda Galiza" comezou a articular unha proposta alternativa á actual dirección que desde 2018 encabeza o deputado no Congreso Antón-Gómez Reino tras as eleccións galegas de 2020, nas que a coalición Galicia En Común liderada por Podemos co seu secretario xeral á fronte quedou fóra do Parlamento.
"Despois do desastre de pasar de 14 deputados (integrados en En Marea) a cero pedimos que asumisen responsabilidades e non o fixeron", explicou Busqué, que lamentou que a dirección polÃtica botase "a culpa" do resultado nas urnas "a que a xente non sabÃa votar" ou que "a militancia se pelexaba entre eles".
Por iso, 'Rexurdir Podemos' ve necesario un cambio de rumbo na forma de dirixir Podemos, algo para o que non ven capacitada a outra candidatura en liza, 'Tecer', liderada polo até o de agora responsábel de Organización, Borja San Ramón, e na que figura como número tres o actual secretario xeral, Antón Gómez-Reino.
Vinte e oito cÃrculos, formados por unha soa persoa
Busqué, que acusou a actual dirección de tramar "argucias" para evitar que a súa candidatura se presentase ao proceso, aseverou que a forma de xestionar a organización provocou a "expulsión" de "moita xente". Como mostra diso, dixo que na actualidade hai 65 'cÃrculos' -organización local de Podemos- que están activos segundo a dirección, pero que deles 28 están compostos por "unha única persoa".
AsÃ, advertiu que Podemos presenta un "panorama a nivel interno moi preocupante" que precisa dun cambio de rumbo para "reconstruÃr" o partido a través dun proxecto "impulsor do galeguismo" e "coherente cos principios que deron nacemento a Podemos" hai case un década.
Limitación de cargos e sen soldos
Entre as propostas organizativas coas que 'Rexurdir Podemos' concorre ás primarias está a de prohibir que os cargos internos se presenten como candidatos a procesos electorais, coa excepción das listas municipais. Tamén expoñen que "ninguén" cobre un soldo da organización, unha cuestión, segundo Busqué, "moral e necesaria" para evitar que "ninguén viva" de Podemos. "Os nosos principios non van por aÃ", apostilou.