322.000 euros en negro para Rajoy en 12 anos

"É falso", dixo onte Rajoy. Hoxe, El País publica na súa edición impresa todos os papeis de Bárcenas. Segundo eles, Rajoy tería recibido 322.000 euros en negro durante 12 anos.

A esta altura xa se sabe que o manuscrito de Bárcenas corresponde realmente ao ex tesoureiro do PP. Análises grafolóxicas demóstrano. Eses papeis foron cualificados onte por Rajoy como "apócrifos".

De acordo cos apuntamentos contábeis que foi escribindo Bárcenas do seu puño e letra, Rajoy tería percibido 322.000 euros en negro durante 12 anos, 33.000 dos cales foron a pagar gravatas e traxes.

Rajoy negou onte tallantemente ter recibido nunca ningunha cantidade en negro.

Recibiron tamén diñeiro en B durante o período de Bárcenas como tesoureiro do PP Francisco Álvarez-Cascos (321.000 euros), Javier Arenas (225.000 euros), Rodrigo Rato (216.000 euros), Federico Trillo (185.000 euros), Jaime Mayor Oreja (181.000 euros) e Ángel Acebes (107.000 euros).

Comentarios