Pablo Iglesias amósase en contra da independencia catalá e ataca ás CUP

O líder de Podemos afirma que “está a favor do dereito a decidir” pero quere un Estado unido e promete que “nunca lle dará unha aperta a Mas”. Garzón, de IU, acusa á formación de Iglesias de “ambigüidade”.

pablocat-crop
photo_camera Iglesias, en Barcelona

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, reafirmou este domingo o seu compromiso co dereito a decidir en Catalunya pero en contra da independencia e ofreceu abrir un proceso constituínte "para discutir con todos de todo".

"Quero que Catalunya se independice? Non, pero sei que a casta española insultou aos cataláns", dixo o líder da formación no seu primeiro mitin en Barcelona ante 3.000 persoas nun ateigado pavillón de Vall d'Hebron. Iglesias afirmou que non viaxou á capital catalá "para prometer nada a ninguén, a cambio de votos nin favores", porque non se fía" dos políticos que o fan.

"Iso si, a min non me veredes darme unha aperta nin con Rajoy nin con Mas", afirmou nunha clara alusión ao líder das CUP, David Fernández, que após a consulta do 9-N foi fotografado fundíndose nun amistoso abrazo co presidente catalán.

IU

Pola súa parte, este domingo volveu escenificarse o afastamento entre Podemos e Izquierda Unida. Alberto Garzón, dirixente desta última formación, cre que os de Pablo Iglesias amosan "ambigüidade ideolóxica" e lles pide que expliquen porque non queren pactar, así como os acusou de "sacrificar o ideario da esquerda".

Máis en Països Catalans
Comentarios