‘OPERACIóN PANDORA’

Operación da Audiencia Nacional contra grupos anarquistas en Catalunya

Hai unha ducia de detidos e rexistros en locais ‘okupados’, centros sociais e domicilios particulares. AN acúsaos de "pertenza a organización criminal con finalidade terrorista de tendencia anarquista"

mossos
photo_camera Imaxe: La Directa

Por volta de 400 mossos d’ Esquadra participan no operativo ordenado pola Audiencia Nacional española contra grupos anarquistas aos que relaciona con varios ‘atentados’ con explosivos mais, como sinala Vilaweb, non especifica cales son eses ‘atentados’. Según ‘La Directa’, o operativo comezou poucos antes das seis da mañá coa irrupción de ducias de anti-disturbios na Kasa de la Muntanya, histórica casa okupada de Barcelona con case 25 séculos de actividade.

Este non foi o único espacio rexistrado no marco da denominada ‘Operación Pandora’. Ateneos libertarios, centros sociais e domicilios particulares tamén foron tomados polas forzas de seguridade da Generalitat. O número de detidos xa ronda a vintena en Catalunya, onde decorre o ‘groso’ da operación, mais que tamén se está a desenvolver noutros puntos do Estado español, como Madrid, onde tamén habería persoas detidas.

Esas detencións responden á acusación, informan desde o gabinete de información dos Mossos citados por Vilaweb ou la Directa, entre outros, a que “pertenza a unha organización criminal con finalidade terrorista de tendencia anarquista”.

Máis en Països Catalans
Comentarios