Junqueras aposta pola convocatoria inmediata de eleccións

O líder de Esquerra Republicana pídelle a Artur Mas que chame xa ás urnas para poder negociar os orzamentos “cunha maioría soberanista que destine partidas ás novas estruturas de Estado”.

Junqueras
photo_camera Junqueras

O líder de ERC, Oriol Junqueras, esixiu ao presidente da Generalitat, Artur Mas, que convoque as eleccións catalás "canto antes" e así pospoñer a negociación dos Orzamentos de 2015 (que precisan un acordo entre Esquerra e CiU) para o mes de maio ou xuño.

"Téñense que convocar os comicios antes de chegar ao trámite do presuposto -previsto para mediados de xaneiro-, xa que en caso contrario solaparíanse coas eleccións municipais e as xerais e isto non é bo para ninguén", expuxo o dirixente independentista nunha entrevista coa axencia Europa Press.

"Adiar o proceso de independencia non axuda en nada a ninguén, a non ser que se estea en contra da independencia de Catalunya", cre Junqueras, que asegura que está constantemente en contacto co presidente catalán e outros líderes políticos, económicos e sociais, cos que se reuniu, xunto a Mas, a pasada fin de semana.

Así, ERC sostén que uns orzamentos en maio cunha maioría soberanista no Parlament permitiría contemplar as primeiras partidas destinadas ás "imprescindíbeis" estruturas de Estado, mentres que facelos en febreiro supoñería acollerse ás directrices do Ministerio español de Facenda. 

Máis en Països Catalans
Comentarios