Jordi Pujol recoñece que tivo cartos en contas estranxeiras de forma irregular

O ex-presidente da Generalitat de Catalunya e líder histórico de CiU asume que "regularizou" nos últimos días cartos cuxa orixe sitúa en 1980. A súa familia está sendo acusada de casos de presuntas irregularidades.

pujol-crop
photo_camera Pujol

O expresidente da Generalitat de Catalunya Jordi Pujol recoñeceu que "nos últimos días" a súa familia regularizou diñeiro no exterior, uns fondos que non cuantificou e que, dixo, proveñen dunha herdanza de 1980.

Nunha carta, o que foi líder de CiU e do autonomismo catalá na súa época -aínda que agora pula pola independencia- explicou que o diñeiro provén dunha herdanza derivada da morte do seu pai, Florenci Pujol i Brugat, e cuxos fondos foron destinados á súa dona, Marta Ferrusola, e aos seus sete fillos, vari@s deles acusad@s de presuntas irregularidades nos últimos meses.

Pujol sinala que, aínda que "a súa conciencia e o seu cargo empuxábanlle a rexeitar esta herdanza", non o fixo para respectar a vontade de destinar estes fondos á súa familia, e pide perdón a aqueles que se puideron sentir defraudados.

Explica que a morte do seu pai produciuse cinco meses antes de que el tomase posesión por primeira vez como presidente da Generalitat, e que naquel momento foi "o responsábel legal" da decisión porque a maioría dos seus fillos eran menores de idade.

Máis en Països Catalans
Comentarios