Enquisa Generalitat: o ‘non’ gañaría ao ‘si’ nun referendo en Catalunya pola independencia

O 44,5% das persoas consultadas apoiarían a independencia por un 45,3% que non. CiU recupera e sería primeira forza, cun punto de ventaxe sobre ERC.

Parlamento de Catalunya
photo_camera Parlamento de Catalunya

Un 45,3 por cento dos cataláns rexeitaría a independencia por un 44,5% que apoia. O informe do CEO (Centre d’estudis d’Opinió) recolle por primeira vez unha vitoria do ‘non’ sobre o ‘si’ nun hipotético referendo independentista en Catalunya. As persoas indecisas son un 7 por cento. A sondaxe fíxose vía teléfono a 1.100 persoas entre o 9 e o 13 de decembro. Na enquisa de outubro a oposición á independencia situábase nun 42 por cento, mentres que os que optarían polo Si-Si (naquel traballo a pregunta facíase coa fórmula do 9N) superaba o 49%.

O traballo do CEO tamén indica unha remontada de CiU, que volvería ser primeira forza nunhas eleccións cataláns, co 21,9% dos votos (34-36 deputad@s), mentres que a segunda posición ería para ERC, entre 34 e 35 escanos e un 21 por cento dos sufraxios.

A terceira posición sería para Citadans, cun apoio do 11,3 por cento e entre 14 e 16 parlamentares. PSC (10,3%) e PP (8,8%) obterían 13/14 e 11/12 deputad@s respectivamente. Podemos atinxiría un 8,2 por cento no seu estreo nas eleccións cataláns (de 9 a 11 parlamentares). IC-V pasaría ter o 6,6% dos votos e a CUP suniría até o 5,5%. ( deputad@s para Iniciativa e 7 para o independentismo revolucionario da Unitat Popular.

Nunhas eleccións xerais Podemos sería a primeira forza en votos (20,4%), CiU segunda e ERC terceira.

O 80% das persoas que votarían Podemos en Catalunya, contra a independencia

Na sondaxe do CEO hai unha pregunta (nº31) na que se fixa a posición sobre a independencia en función da intención de voto do enquisado para o Parlament de Catalunya. Un dos datos máis sorprendentes, quizás, é que o 80% das persoas que dixeron que votarían a Podemos nunhas eleccións catalás están contra a independencia de Catalunya. Unha porcentaxe só superada polos votantes do Ciutadans, PP. O rexeite á independencia entre as persoas que apoian o PSC é do 86%.

A favor da independencia sitúanse o 90,5 por cento das persoas que nas urnas apoian a ERC, o 85,4% dos que votan CUP e o 81,2 dos que o fan por CiU. Un 15,7% das votantes de Podemos optaría pola independencia, opción que escolle case o 28% das votantes de IC-V e o 11% das do PSC.

Máis en Països Catalans
Comentarios