Unha enquisa concede a maioría absoluta á suma de CiU, ERC e CUP

A sondaxe que publicou 'La Vanguardia' deixa ás dúas principais forzas de Catalunya á cabeza pero só superarían o 50 por cento dos votos co respaldo do independentismo de esquerdas das CUP, que se nega a apoiar a Mas.

Artur Mas [Imaxe NAIZ]
photo_camera Artur Mas [Imaxe NAIZ]

A actuación do presidente da Generalitar Artur Mas no 9-N seica serviulle a súa formación, CiU para recuperar posicións electorais, xa que unha enquisa do diario La Vanguardia sinala que sería a máis votada nunhas eleccións catalás agora mesmo, volvendo a superar a ERC, que obtería 27 escanos por 40 dos converxentes. Polo tanto, non pasarían estas dúas forzas do nacionalismo do 50 por cento dos apoios, algo que si farían sumando @s 8 deputad@s que poderían obter as CUP, que terían un importante ascenso en apoios. 

Pola outra parte, ICV -que defende un referendo de autodeterminación- quedaría na metade de votos sumando seis escanos, entrando con forza Podemos, que alcanza os 14, que teoricamente tamén están a favor da consulta. Sufre este ascenso o PSC, mergullado nunha deriva máis achegada a Madrid do que marca a súa tradición e que baixaría aos 12 escanos. 

A maioría a favor de consultar nas urnas á cidadanía sería moi ampla

Dentro do unionismo máis claro a referencia sería Ciudadanos, que ascendería ás 19 actas, sendo así terceira forza. O PP quedaría con 9, dez menos que na actualidade. 

Segundo La Vanguardia, así mesmo, unha posíbel lista común entre CiU e ERC obtería peor resultado que por separado, que é fórmula que defenden os republicanos. En todo caso, as forzas contrarias ao dereito a decidir sumarían 40 deputad@s por 95 dos partidarios, sempre que Podemos siga nesa postura. No caso contrario, a maioría a favor dunha consulta sería ampla tamén.

Máis en Països Catalans
Comentarios