A CUP decide non entrar na Guanyem de Ada Colau por desacordos no códico ético

A formación delegou na Trobada Municipalista de Barcelona a súa decisión, que finalmente será presentar unha candidatura que non confluirá coa de Ada Colau, xa que consideran que permite soldos moi altos e demasiados mandatos.

CUP
photo_camera CUP

A iniciativa asemblearia Trobada Popular Municipalista (TPM), na que participan as CUP, decidiu presentar unha candidatura para concorrer ás eleccións municipais en Barcelona, rexeitando así a posibilidade de concorrer con Guanyem Barcelona, a lista que liderará Ada Colau.

A portavoz da TPM Maria Rovira resaltou en declaracións á axencia Europa Press que presentarán públicamente a candidatura nas próximas semanas, e que máis adiante definirán o sistema para elaborar as listas e o método de toma de decisións, entre outros asuntos. Sobre posibles acordos con outros partidos, destacou que a TPM "xa é un espazo de confluencia", e que están abertos a dialogar con outros actores políticos unha vez constituída a candidatura. Pero as diferencias con Guayem son evidentes.

O portavoz da CUP en Barcelona, Albert Martín, resaltou que o partido "asume os acordos da TPM" e que non presentará candidatura en Barcelona á marxe da que articule o "movemento participativo", do que tamén participan forzas libertarias.

A Trobada propoñerá "delegar competencias do Concello aos distritos, potenciar o sector público municipal e impulsar políticas habitacionales". A TPM tamén rexeitou o Código Político que redactou Guayem por non compartir os límites nos soldos -pide que sexan máis baixos- e nos mandatos dos representantes, que prefire menores.

Máis en Països Catalans
Comentarios