O PP apagou Canal 9

As Corts Valencianes acordaron a liquidación da RTVV o 28 de novembro á última hora do serán. [email protected] @s [email protected] ocuparon as instalacións da televisión pública e resistiron até que esta sexta feira cando pasaban uns minutos das 12h unha comitiva xudicial lles comunicou a orde de desaloxo. Ao berro de "Fabra dimisió!" despediron a emisión.

rtvv
photo_camera [Imaxe: Canal 9]


- Vostedes veñen para nos desaloxar?
- Si.
- E van fundir isto a negro?
- Non o sabemos.

Tardaron un minuto en facelo. En fundir a negro. O seu propio feche foi a última emisión de Canal 9, a televisión pública valenciá. Un dos traballadores mantiña a conversa que reproducimos cun integrante da comitiva xudicial que lles foi comunicar que a segunda denuncia contra e[email protected] por "ocupación ilegal" si iría adiante. Escoltado pola policía española, o funcionario xudicial anuncioulles o desaloxo. 

Desde que o 28 de novembro á última hora do serán as Corts Valencianes acordaran a liquidación da Radiotelevisiò valenciá --só cos votos a favor do PP--, @s [email protected] ocuparon as instalacións do edificio e resistiron alí. 

Entre aplausos recibiron a decisión do xulgado de non aceptar a orde de desaloxo. Paco Signés, o profesional técnico enviado pola Generalitar para cortar as emisións, negouse a o facer. "Todo a decisión de que isto non pecha hoxe. Eu tamén son valencián", dixo. Radio 9 xa emitía unicamente por internet desde mesmo antes de que a Generalitat mandara imprimir de madrugada unha edición especial do Diari Oficial de la Comunitat Valenciana en que comunicaba a liquidación da RTVV.

Na televisión, no canto de suspender as emisións o que fixeron foi encetar unha programación  'de resistencia' para retransmitir en directo o peche da televisión pública, que emitía integramente na lingua propia dos Països. "É un volta de 50 anos ao pasado", sinalou José María Alcañiz, secretario xeral do comité de empresa, en conversa coa Radio Galega

Un correo-e informou @s [email protected] de que de aquí en diante gozarían dun permiso retribuído. Porén, [email protected] continuaron diante e detrás das cámaras para adiar polo menos unhas horas o que cualificaron como "un golpe de estado televisado". O peche da RTVV supuxo o punto e final a 24 anos de emisións da radio e a televisión públicas de Valencia.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Països Catalans
comentarios