Editorial Sermos262

Un Estado autoritario

36442444400_d8d3c09d5e_o
photo_camera Rajoy e Feijóo, no acto de comezo do curso político deste verán

A ofensiva recentralizadora en curso, da que damos conta amplamente neste Sermos262, non é máis que a manifestación dun fenómeno secular, o da tendencia do Estado español a resolver os seus problemas, nomeadamente os que atinxen as nacións integradas no seu seo, por vías exclusivamente autoritarias (cando non militares e xenocidas). Basta ollar Catalunya para validarmos esta análise: as abordaxes do asunto que se formulan desde Madrid son sempre puramente represivas, como se estivésemos perante unha alteración da orde pública, unha sedición, e non perante unha afirmación de vontade cidadá que debe ser ecuacionada en termos estritamente democráticos.

E mentres iso acontece, Galiza corre o serio risco de non aparecer no cenario como país. Acontecer o que acontecer por volta do 1-O, nada voltará a ser o mesmo e quen fique quieto perderá pé e terreno. Até Andalucía finxe inquietarse cando Sánchez a exclúe da liga das nacións (culturais). O goberno galego, en troca, enrólase na brigada da Moncloa contra a nación catalá. Só o nacionalismo galego enarbora a bandeira do que debería ser normal: a nación galega tamén existe

Máis en OPINIÓN
Comentarios