Dignidade

ferroatlántica comité concentración Imaxe CIG
photo_camera ferroatlántica comité concentración Imaxe CIG

Após as traballadoras e traballadores do transporte de persoas viaxeiras por estrada lograren ver sobre o papel as súas reivindicacións, o persoal das plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría conseguiron paralizar a segregación de actividades formulada pola empresa para a súa posterior venda.

Após as traballadoras e traballadores do transporte de persoas viaxeiras por estrada lograren ver sobre o papel as súas reivindicacións, o persoal das plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría conseguiron paralizar a segregación de actividades formulada pola empresa para a súa posterior venda. Son dous exemplos significativos da importancia da mobilización social e do papel do sindicalismo de clase. O comité de empresa de Ferroatlántica e a CIG lograron involucrar toda a Costa da Morte nunha loita polo futuro da comarca. Foron dez meses de protestos que tiñan como obxectivo impedir a venda ilegal das centrais dos ríos Xallas e Grande por parte do empresario Juan Miguel Villar Mir, exministro franquista e investigado nun caso de presunto financiamento ilegal do Partido Popular.

A dignidade puido coa chantaxe mais a resposta negativa de Augas de Galiza á petición de segregación de actividades formulada pola empresa non semella suficiente para a defensa deste país. Os beneficios que extrae Villar Mir da explotación dunhas centrais que son concesión pública non deberían seguir emigrando; deberían reverter na creación de máis postos de traballo na comarca. Aliás, faise urxente que a Xunta de Galiza dea a cara e aclare que non existe marco legal para que a empresa teime na segregación. Máis, se cabe, tendo en conta que a empresa recorreu a todo tipo de resortes para lexitimar a operación.

Máis en OPINIÓN
Comentarios