CNMV dá de baixa en Pescanova a dúas firmas que representan o 10% das accións

O supervisor entende que “existen irregularidades” que implican que estas sociedades (unha lusa e outra islandesa) deixen de ser accionistas da pesqueira. 

A Comisión Nacional do Mercado de Valores dá de baixa en Pescanova as participacións de dúas sociedades (The Icelandic Investment Bank, islandesa; Alquiere-Comercio Internacional, portuguesa) que sumaban o 10,5% da pesqueira. O supervisor considera que ambas as dúas firmas non se corresponden coas titularidades das accións reais en Pescanova. 

A empresa islandesa tiña medio millón de accións e a portuguesa máis de 325.000 títulos, segundo informa Europa Press. O valor das participacións de ambas as dúas suman perto de cinco millóns de euros

Máis en OPINIÓN
Comentarios