Falece Paisley, o unionista radical que acabou aliado co Sinn Féin

O pastor protestante foi a cara máis salvaxe das hostilidades contra a poboación republicana pero finalmente aceptou un goberno xunto aos seus antigos inimigos, chegando a unha grande conexión persoal con McGuiness, que fora líder do IRA.

paisley-crop
photo_camera Paisley

Con 88 anos, querido e odiado nuns barrios -os unionistas- nos que antes era o líder absoluto, a versión máis besta da opresión e o combate no Ulster contra a poboación partidaria da reunificación de Irlanda, @s republican@s, contra @s defendía calquera violencia o reverendo Ian Paisley, que faleceu onte, deixando un legado difícil, pero que en Irlanda do Norte pon o foco máis na súa etapa final, a do pulo pola reconciliación.

“Never, never, never” (nunca, nunca, nunca), foi unha das frases máis famosas de Paisley, coa que amosou -a berro limpo, era un orador desatado- a súa oposición a calquera acordo entre as partes enfrontadas na rexión: a dominante á que pertencía e a que, adoito, se denomina “católica”, a de barrio como o de Falls, cuxos habitantes sufrían unha marxinación xigantesca que Paisley consideraba natural, mesmo defendeu publicamente que todo traballador unionista tivera por lei prioridade á hora de atopar traballo sobre un de orixe ou ubicación republicana.

No Ulster hai recoñecementos entre antigos líderes bélicos; no Estado español Otegi paga con cárcere a súa aposta polo alto ao fogo de ETA

Animaba o reverendo, logo líder do DUP, á acción directa -ou sexa, armada- que consideraba a “única solución” contra a guerrilleira resistencia do IRA. Eran os duros anos 80 e 90, axitaba o lume Paisley, até que na seguinte década acabou -con reticencias, pero finalmente entregado- dando un xiro histórico. O vello incendiario pasou a ser bombeiro, o que lle valeu o rexeitamento das milicias paramilitares británicas das que era símbolo. Comezou negociar co Sinn Féin, até entón a súa némese. E acabou asinando un acordo de goberno en coalición con eles, alcanzado unha sorprendente complicidade persoal con Martin McGuiness, antigo líder do IRA.

Adams

Segue no camiño da paz o Ulster, xa sen o desaparecido Paisley, que deixou a política hai un lustro. Onte, o máximo dirixente do Sinn Féin, Gerry Adams, escribía unha emotiva columna en The Guardian na que louvaba a súa figura, non sen lembrar o seu escuro pasado, pero pechando feridas. Que seguen abertas pero calmas alí, nese Reino Unido onde Escocia pode votar o que quere ser e antigos dirixentes de guerra recoñécense entre si. No Estado español, unha das persoas máis importantes no alto ao fogo de ETA, Arnaldo Otegi, está encarcerado por facer política. Non é complicado atopar as diferencias.

Máis en Mundo
Comentarios