Reivindican o pensamento de Bóveda desde a Caeira

Desde a Caeira, o lugar en que foi asasinado, os alcaldes de Pontevedra, Poio e a alcaldesa en funcións de Ourense reivindicaron a actualidade de Bóveda e a súa herdanza de defensa do país neste tempo de crise.

Como cada ano, na xornada de mañá do 17 de agosto, unha ofrenda floral lembra o lugar onde Bóveda foi asasinado. Desta volta, os representantes municipais dos tres concellos presentes na súa biografía xuntáronse diante do monumento que o lembra ao pé da ponte da Barca para reivindicaren a actualidade e a urxencia do seu pensamento.

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, rexedor do concello no que estaba a súa casa familiar e no que foi asasinado no monte da Caeira defendeu a necesidade de reivindicaren a figura de Alexandre Bóveda e do nacionalismo nun momento como o que estamos a vivir. Pola súa parte, Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra , a cidade onde o que fora secretario do PG desenvolveu a súa actividade e pola que foi nomeado fillo adoptivo salientou a importancia do marco teórico que defendeu, de maneira singular a creación dunha banca pública e a defensa do país. Isabel Pérez, alcaldesa en funcións de Ourense -cidade onde naceu- leu un poema que lle dedicou Celso Emilio Ferreiro e reclamou a Bóveda como fillo predilecto da cidade.

Como todos os anos, unha persoa da familia Boveda interviu no act
o, neste caso a filla Amalia que naceu despois do asasinato do nacionalista e lembrou a súa irmá Lola finada no último ano.

Mini e Mero

No xantar, organizado pola Fundación Alexandre Bóveda, foi entregado o premio 'Día de Galiza Mártir' a Mini e Mero polo seu labor de recuperación e difusión da nosa memoria histórica. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios