O primeiro barco a navegar baixo bandeira galega

Screen Shot 2017-12-14 at 14.19.14
photo_camera Reprodución da peza xornalística que deu noticia do "bautizo" do Wolferine

En 1909 Vida Gallega dá conta do primeiro barco que navega baixo bandeira galega. É o Wolverine, un buque de recreo, dotado con todas as comodidades do momento e que fixo a viaxe inaugural de Cangas a Baiona con asistencia de moitos xornalistas.

Para Vida Gallega trátase, case, dunha misión patriótica. O barco comezou as viaxes visitando Vilagarcía, Marín e espérase que, aproveitando os bons días do verán, vaia moito máis lonxe. Os veraneantes de Galiza contan xa cun elemento de distracción que era necesario e a bandeira galega cun “albergue elegante e decoroso”

En agosto de 1909, cando facía a travesía de Cangas a Vigo chocou contra as penas debido á densa néboa. Levaba máis de 200 persoas que non sofreron danos e foron evacuadas en lanchas. O barco tivo algúns danos mais en maio de 1910, xa de novo activo, e serviu, xunto con outros dous vapores, para facer unha excursión pola ría de Vigo para as máis de 400 persoas da Liga de Amigos de Santiago que viaxaran de Cornes (é así como se denominaba na altura a estación dos camiños de ferro de Compostela) a Vigo de excursión e onde foron recebidos por máis de 8.000 persoas. Un ano máis tarde, o barco, propiedade da familia Barreras, foi rebautizado como Alerta. E no mes de xullo os vigueses devolveron a visita a Compostela.

Este artigo viu a luz no Sermos251, aparecido a 22 de xuño deste 2017

Máis en MEMORIA E HISTORIA